O Concello abre o prazo para reservar praza nos campamentos de Nadal

Mañá mesmo e ata o día 2 de decembro xa é posible facer a reserva de praza
O Concello abre o prazo para reservar praza nos campamentos de Nadal
Un grupo de niños juega en una de las ediciones pasadas del campamento de Nadal del Concello ferrolano |J.M. (AEC)

A concelleira de Muller e Igualdade, Elvira Miramontes, presentou hoxe unha nova edición dos campamentos urbanos e rurais do Nadal 2024/2025, cuxo período de inscrición comeza mañá. 

 

“Os campamentos de Nadal, ao igual que os de verán, facilitan a conciliación da vida familiar e laboral e fomentan un cambio de mentalidade e de valores dacordo co principio de igualdade entre homes e mulleres”, sinalou. 

 

Este ano celebraranse os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2024 e os días 2 e 3 de xaneiro de 2025. Ofértanse 70 prazas para os campamentos na zona urbana, que se realizarán na ludoteca da praza de España e no CEIP de Ponzos, e 30 prazas para a zona rural que se celebrará no local da AVV de Esmelle.

 

O servizo prestarase de luns a venres, agás festivos, en horario ordinario de 09.30 a 13.30 horas e en horario ampliado de 08:30 a 14:30 horas. 

 

Miramontes recordou que este programa “está dirixido a menores con idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos”, matizando que “deben ter os 3 anos cumpridos o 23 de decembro de 2024 e non cumprir os 14 anos antes do 4 de xaneiro de 2025”. 

 

O requisito imprescindible é que o menor estea empradoado no Concello de Ferrol, agás os menores derivados da Casa de Acollida Municipal. 

 

As solicitudes seguirán unha rigorosa orde de inscrición de acordo cos criterios de preferencia de familia monoparental empregada ou realizando un curso de formación ocupacional ou formación para o emprego, homologado polo Servizo Público de Emprego; muller vítima de violencia de xénero; dous proxenitores ou titores legais empregados ou realizando un curso de formación homologado e, o cuarto suposto, é que se trate dun proxenitor ou titor legal que esté empregado ou facendo o devandito curso de formación. 

 

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou en calquera dos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de inscrición finaliza o 2 de decembro.

O Concello abre o prazo para reservar praza nos campamentos de Nadal

Te puede interesar