O Consello Sectorial da Lingua volve abrir o prazo para entidades e cidadáns

A solicitude pode formalizarse polo rexistro xeral até o 4 de febreiro
O Consello Sectorial da Lingua volve abrir o prazo para entidades e cidadáns
Último encontro do ano do Consello Sectorial da Lingua, no pasado mes de decembro | CEDIDA

As organizacións inscritas no Rexistro Sectorial de Entidades Cidadás, así como as persoas que manifesten interese a título individual, maiores de 16 anos, que desexen participar no Consello Sectorial da Lingua poden formalizar a súa solicitude no rexistro xeral da casa consistorial ferrolá até o 4 de febreiro.


O Concello de Ferrol abriu onte  novamente o prazo neste 2025, despois do primeiro proceso de incorporación de colectivos, no que se sumou á lista o Real Coro Toxos e Froles. Co obxectivo de fomentar unha maior participación, o propio Consello Sectorial da Lingua propón esta nova convocatoria, cun máximo de 15 entidades ou asociacións de Ferrol e de cinco cidadáns ou cidadás.


Aqueles que se relacionen co sector ou teñan interese na materia obxecto do Consello Sectorial da Lingua poderán obter máis información na publicación desta convocatoria, que pode consultarse no taboleiro de anuncios da páxina web municipal, a través deste enlace.


En canto ao proceso, as entidades que desexen formar parte do Consello Sectorial da Lingua deberán manifestar expresamente que, entre as súas prioridades e obxectivos atópase a defensa do idioma galego e a súa normalización. Da mesma maneira, os interesados deberán presentar unha solicitude por medio do rexistro xeral do Concello de Ferrol, xa sexa presencialmente ou a través da sede electrónica. 

O Consello Sectorial da Lingua volve abrir o prazo para entidades e cidadáns

Te puede interesar