O Correlingua reúne en Ferrol a máis dun milleiro de participantes

O Correlingua reúne en Ferrol a máis dun milleiro de participantes
Un momento da actividade celebrada pola Avenida do Mar de Caranza I JORGE MEIS

Co aforo completo desenvolveuse esta mañá unha nova edición do “Correlingua”, iniciativa organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización Linguística, en colaboración, nesta comarca, cos concellos de Narón, Fene e Ferrol. 

 

Este último foi o epicentro da actividade, na que tomaron parte máis dun milleiro de escolares, contribuíndo deste xeito “a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos”.

 

O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. "A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso", indican desde a organización.

Correlingua 2
Os participantes levaron carteis para reivindicar a lingua galega I JORGE MEIS


O auditorio municipal acolleu, en dúas quendas, o festival presentado por Isabel Risco e protagonizado polo grupo As Monchas, segundo clasificado no concurso Cantalingua. No medio das dúas, celebrouse a carreira-paseo en defensa da lingua galega, que discurriu pola Avenida do Mar de Caranza, con todo o alumnado e profesorado participante.

 

Secundaron esta proposta os centros Isaac Peral, A Laxe, Esteiro, Ponzos  e CEE Terra de Ferrol; Centieiras, A Xunqueira e os Casais, de Fene; Maciñeira e San Isidro de Neda; o CRA, A Solaina, Virxe do Mar e Piñeiros; e José María Lage de Ortigueira.

en d

Correlingua 3
Os escolares gozaron dun paseo polas inmediacións do Auditorio de Ferrol I JORGE MEIS

O Correlingua reúne en Ferrol a máis dun milleiro de participantes

Te puede interesar