O escritor Paco Martín abriu onte en Pontedeume o programa literario “A ponte das verbas”

O escritor Paco Martín abriu onte en Pontedeume o programa literario “A ponte das verbas”
Biblioteca de Pontedeume. Encuentro de alumnos con el escritor Paco Martín

Máis dunha trintena de estudantes de ESO do IES Breamo de Pontedeume desprazaronse onte pola mañá ata a Biblioteca Municipal “Poeta Ramiro Fonte” para compartir uns intres da súa xornada cun Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

O escritor Paco Martín, autor entre outros moitos títulos do libro “Das cousas de Ramón Lamote”, que lle valeu para acadar en 1986 o devandito galardón, foi o encargado de inaugurar o programa “A pontes das verbas”, iniciativa coa que a Deputación e o Concello queren homenaxear as letras galegas a través do enxalzamento de autores galegos que teñen no seu haber o premio nacional. Así, a Martín seguiralle o 10 de cembro Fina Casalderrey e o día 11 Antonio García.

Ledicia Costas, que por motivos de axenda non poderá participar nos encontros con estudantes, si estará na cita programada para o 21 de decembro –coa que se pechará o programa–, na que estes catro escritores, máis os xa finados Xabier Docampo e Agustín Fernández Paz, serán obxecto duha homenaxe. Será, se o tempo o permite, na Alameda de Raxoi, a partir das 13.00 horas, e incluirá pola tarde variadas actividades para os nenos arredor dos libros.

Mural
Na semana previa ao acto final, seis artistas, entre os que figuran os ferroláns Eduardo Hermida e Blanca Vila e a eumesa Margot Rodríguez, elaborarán seis murais relacionados cos escritores aos que se lles dedica esta iniciativa, “A ponte das verbas”. 

Estas creacións artísticas serán plasmadas nun lateral do pavillón da Casqueira.

O escritor Paco Martín abriu onte en Pontedeume o programa literario “A ponte das verbas”

Te puede interesar