Antes de comezar o 2025 instalouse na sala Bello Piñeiro do centro cultural Torrente Ballester a exposición “Orixes III”, que realiza un repaso polos traballos realizados pola cátedra de Arqueoloxía na última campaña no castro de Esmelle e pon rostro aos protagonistas.
A proposta retirarase o domingo, ao mesmo tempo que “Os traballos de Hércules”, localizada na sala de Proxectos, organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes, con motivo do 175 aniversario da entidade, e comisariada por José Ramón Soraluce Blond. Neste caso, trátase de 16 gravados realizados pola Calcografía Nacional en Madrid.