Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, tal como lembrou Ferrol en Común cun comunicado no que realiza un chamamento a coidar e preservar o idioma, xa que "á vista dos últimos estudos (Instituto Galego de Estatística) sobre o uso do galego, obsérvase unha perda considerable do mesmo en todos os eidos”.
O partido sinala que se trata duns rexistros que semellan “non ter en conta na Xunta de Galicia nin en moitos Concellos, incluído o de Ferrol”, onde “non se esixe ás empresas dependentes do Concello que usen o galego”.