Fuco Buxán propón unha mostra de Xaime Quessada sobre marzo do 1972 en Ferrol

O centro cultural Torrente Ballester acolle a exposición até o 16 de marzo
Fuco Buxán propón unha mostra de Xaime Quessada sobre marzo do 1972 en Ferrol
Unha das obras de Xaime Quessada exposta no Auditorio Ferrol | DANIEL ALEXANDRE

O centro cultural Torrente Ballester acollerá, na súa Sala de Proxectos, dende hoxe venres e até o domingo 16 de marzo, a exposición “10 de marzo do 72, a mirada artística de Xaime Quessada”.

 

Este artista mantiña un forte vínculo coa cidade de Ferrol, que se materializou coa elaboración do mural “Morte nas Pías”, que precisamente foi realizado a partir dos sucesos daquel 10 de marzo, no que dous traballadores  dos asteleiros foron asasinados, dando pé ao Día da Clase Obreira. A mostra está integrada por cartelería feita por Quessada en colaboración co movemento obreiro local.

Fuco Buxán propón unha mostra de Xaime Quessada sobre marzo do 1972 en Ferrol

Te puede interesar