Javier Díaz, concelleiro de Participación de Ferrol: "Seguimos escoitando aos veciños"

A centraliña do Concello de Ferrol atendeu máis de 3.700 chamadas no mes de xuño
Javier Díaz, concelleiro de Participación de Ferrol: "Seguimos escoitando aos veciños"
Concello de Ferrol I Daniel Alexandre

O concelleiro de Participación, Javier Díaz, deu conta hoxe na comisión da área do número de chamadas recibidas o pasado mes de xuño na centraliña do Concello de Ferrol. “Atendimos máis de 3.700 chamadas, e máis de 3.000 dirixíronse á oficina de atención cidadá que puido resolver moitas preguntas e outras cuestións foron dirixidas ás áreas correspondentes”.

 

Os departamentos que máis chamadas recibiron foron Urbanismo (195) Recadación (151), Edificio Social (65), Obxectos perdidos (33) e Facenda (30).

 

Díaz recordou que o Concello de Ferrol ten habilitado un buzón de suxestións á entrada do pazo municipal e un enderezo electrónico informacion@ferrol.es onde os cidadás poden tamén presentar as súas suxestións, reclamacións ou preguntas.

 

“Seguimos escoitando aos veciños a través das diferentes canles de participación abertas co obxectivo de solucionar os seus problemas e recoller a súas propostas”, afirmou o concelleiro de Participación, Javier Díaz

Javier Díaz, concelleiro de Participación de Ferrol: "Seguimos escoitando aos veciños"

Te puede interesar