María Rodríguez | “Non tiña moi claro o que quería facer, pero ao final decanteime por Medicina”

María Rodríguez | “Non tiña moi claro o que quería facer, pero ao final decanteime por Medicina”
María Rodríguez está estudando Medicina na Universidade de Santiago | cedida

María Rodríguez –Ortigueira, 2006– é unha das vinte alumnas e alumnos que o curso pasado superaron cunha nota excelente o 2º curso de Bacharelato en Galicia e que, tras unha proba específica para aqueles cun expediente de 8,75 ou superior, veñen de ser galardoados pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades co premio extraordinario de Bacharelato polos seus “méritos académicos baseados no esforzo e o traballo”. Rodríguez é, ademais, a única estudante de Ferrolterra que obtén un recoñecemento que conleva 1.000 euros, diploma acreditativo e mención no seu expediente.


Cunha nota media de bacharelato brillante, Rodríguez, alumna do IES de Ortigueira, e o resto dos rapaces e rapazas que fixeron esta proba extraordinaria tiveron que superar un reto dividido en dúas partes: a primeira consistiu nun comentario de texto e unha proba na primeira lingua estranxeira cursada como troncal –no seu caso Inglés– e a segunda, noutro exame dunha das troncais elixidas –Matemáticas–.


“A verdade é que me pareceu bastante difícil”, explica a xa exalumna do IES de Ortigueira. “En comparación coa selectividade, por exemplo, era distinto. Non se trataba tanto de demostrar coñecementos, senón de saber aplicalos. De todas as materias, a máis complicada pareceume a de Inglés, sen dúbida”.


Nuevos usos


María comezou hai dúas semanas a súa etapa universitaria. Estuda Medicina en Santiago de Compostela. “O certo é que nunca tiven moi claro o que quería estudar, pero ao final tiña bastantes opcións e acabei decantándome por Medicina”, comenta.


A elección parece, polo de agora, a axeitada, segundo explica. “Levo pouco máis de dúas semanas, pero polo de agora estou moi ben e está a gustarme moitísimo”, asegura esta rapaza que, agás 1º de Bacharelato, que o cursou en Estados Unidos, estivo desde 1º de Secundaria no instituto público de Ortigueira. 

María Rodríguez | “Non tiña moi claro o que quería facer, pero ao final decanteime por Medicina”

Te puede interesar