A música sacra volverá ser protagonista dun novo certame na cidade naval

O director do Coro Diapasón, que organiza o acto, avanzou que estrearán unha peza da súa autoría para a ocasión
A música sacra volverá ser protagonista dun novo certame na cidade naval
O rexedor xunto co obispo e o director artístico do Coro Diapasón, no momento en que daba a coñecer os pormenores do evento

Ferrol acollerá o vindeiro mes unha nova edición, a terceira, do Ciclo Coral de Música Sacra. Así o anunciaron en rolda de prensa o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, o obispo da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, e o director artístico do Coro Diapasón, Juan Brage.


O certamen vaise celebrar na concatedral de San Xiao os días 17, 23 e 30 de marzo, coincidindo coa celebración da Semana Santa ferrolana.

 


Nacionais e extranxeiras 
 

A cita reunirá a agrupacións procedentes de diversos puntos da xeografía española e portuguesa, entre as que se atopan o Coro Diapasón de Ferrol, organizador do ciclo. Deste xeito, o domingo 17 actuarán a Coral Lasalle, de Santiago, e Concerto Tempo de Ferrol; o sábado 23 fará o propio a agrupación Los Sabandeños, de Tenerife; e pecharán o ciclo o sábado 30, a Coral de Letras Universidade de Oporto e Coro Diapasón


O alcalde da cidade lembrou que “a música segue moi presente nas celebracións relixiosas e é un método máis de expresión, que permite crear vínculos coas diversas motivacións do ser humano, que son as que nos permiten avanzar”, dixo. Neste contexto, puxo de manifesto a importancia de dar continuidade a eventos coma este, que supoñen “o complemento perfecto para a nosa Semana Santa, para a que xa se prepara toda a cidadanía”. 


Rey Varela engadiu que “como todos sabemos, a Semana Santa é tamén un deses grandes momentos nos que a música ten un papel protagonista para sentir a paixón”, afirmando que “este ciclo será un motivo máis de atracción de visitantes a Ferrol, que poderán gozar do gran valor histórico, artístico e espiritual que se respirará nesas datas”. 


O rexedor agradeceu ao Coro Diapasón o seu labor na organización deste ciclo, así como á Diócese de Mondoñedo-Ferrol pola súa colaboración. 


Pola súa banda, o bispo da Diócese puxo en valor o carácter internacional da cita, que representa una cita cultural que, xunto aos cultos “es una forma de potenciar y entrar en la Semana Santa, con música que eleva nuestros espíritus y nos hace reposar y salir de la vorágine del día a día”, afirmou. 


Así mesmo, trasladou a súa felicitación ao Coro Diapasón pola organización do ciclo e ao Concello polo seu respaldo ao mesmo. 


Juan Brage aproveitou a rolda de prensa para avanzar que o Coro Diapasón estreará durante a súa actuación unha obra da súa autoría e enxalzou a calidade das agrupacións que participarán nesta terceira edición. 

A música sacra volverá ser protagonista dun novo certame na cidade naval

Te puede interesar