Neda programa doce citas de alto nivel en música, teatro e cinema

Neda programa doce citas de alto nivel en música, teatro e cinema
Unha das obras que achega a previsión é “O auto do Castromil”, gañador do terceiro certame da Fundación Manuel María | CEDIDA

A escena cultural do Concello de Neda vén pisando forte para este segundo semestre do ano, no que os espectadores terán a disposición diversas propostas, de distintas disciplinas, cofinanciadas pola Deputación da Coruña. Unha vez iniciada a programación que se enmarca na Rede Cultural do organismo provincial, facendo protagonistas aos amantes da danza, o resto do ano focalizarase noutros campos.


O teatro e a música en directo chegará da man de profesionais de renome. Entre as propostas  que máis destacan atópase o proxecto de Producións Teatrais Excéntricas, que foi gañador do terceiro Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, titulado “O auto do Castromil”. Seguindo polo ámbito dramático, algunhas das representacións que cómpre sinalar poden ser “De algo hai que morrer”, a cargo de Malasombra Producións, ou “Cubo”, da compañía Elefante Elegante.

 

Ademais, no canto do cinema, a carteleira estará protagonizada por películas de animación en galego. No plano musical, un dos exemplos que máis rechaman é a presentación do último disco da agrupación referente da Galicia tropical, O sonoro maxín, “A primavera ten que ser nosa”.


Os encontros que se propoñen nesta programación súmanse ás actividades que comprendeu o festival “Neda en danza”, celebrado o pasado día 8 deste mes. Nesta ocasión, a veciñanza puido gozar das actuacións, no marco do programa “Escena ao vivo!” dos proxectos de Elahood, coa súa peza “Intempestiva”, Daniel Rodríguez, con “A raíz de”, e Cristina Montero, con “Outr@”. 

Neda programa doce citas de alto nivel en música, teatro e cinema

Te puede interesar