Nova Galega de Danza, nominada a catro Premios Max

Con "Berro", a última obra da compañía do ferrolán Jaime Pablo Díaz
Nova Galega de Danza, nominada a catro Premios Max
Un momento da estrea, o pasado setembro, no Pazo da Cultura de Narón I D. Alexandre

Nova Galega de Danza, a compañía fundada polo ferrolán Jaime Pablo Díaz hai vinte anos, está nominada aos Premios Max de las Artes Escénicas, que se entregan o vindeiro 1 de xullo no Auditorio de Tenerife, pola súa obra "Berro", estreada o pasado mes de setembro no Pazo da Cultura de Narón. 

 

En concreto, son catro as categorías as que opta a obra, dirixida polo israelí Sharon Fridman: mellor espectáculo de danza, mellor intérprete masculino (o propio Jaime Pablo Díaz), mellor coreografía (Jaime Pablo Díaz e Sharon Fridman), e mellor deseño de vestiario, un traballo do que se ocupou Ikerne Giménez. 

 

"Berro" é o oitavo espectáculo de Nova Galega de Danza desde a súa creación. A presenza de Fridman foi determinante na concepción e desenvolvemento do espectáculo, que presta unha atención especial ao folklore, á cultura de raíz. "Sempre quixemos contar a nosa tradición dun xeito diferente", comentara Díaz na presentación dun espectáculo que, despois de Narón, pasou tamén por Ourense e As Pontes. 

 

Nova Galega de Danza, nominada a catro Premios Max

Te puede interesar