A Asociación Parroquial San Román de Doniños organiza un obradoiro de maxia para todos os públicos, que terá lugar o domingo, de 17.30 a 19.00 horas.
Os socios poderán participar totalmente de balde, mentres que os que non o sexan deberán aboar tres euros. Os interesados teñen que apuntarse antes de mañá venres, a través das redes sociais ou no enderezo electrónico apsanromandedoninos@gmail.com. Neste evento colaboran o Concello e La Banda del Patio.