Un paseo pola oferta formativa para axudar aos mozos a elixir os estudos

Un paseo pola oferta formativa para axudar aos mozos a elixir os estudos

Axudar aos mozos a decidir o seu futuro académico é un dos obxectivos cos que onte se celebrou no Auditorio de Ferrol a segunda edición das Xornadas de Orientación Académica e Profesional da comarca de Ferrol.

Baixo a organización do IES Leixa, o evento contou coa coa colaboración do Concello de Ferrol, o Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño –que tamén cedeu parte das súas instalacións para o desenvolvemento da cita– e o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

Preto dunha trintena de centros educativos, institucións universitarias, escolas profesionais e outras entidades amosaron a oferta formativa existente na etapa posobrigatoria. Situados nos seus respectivos stands, os centros participantes falaron das súas titulacións, instalacións e proxectos aos arredor de 1.200 rapaces de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos formativos da comarca de Ferrolterra que onte acudiron como asistentes a esta feira tan interesante para os que están a piques de decidir o seu futuro académico.

Actividades
Charlas e demostracións deron contido a un programa que tivo lugar durante toda a mañá e que pretende cumprir cunha función de asesoramento e información, difusión das opcións formativas e respostar ás necesidades futuras do alumnado en orientación académica e profesional.

Un paseo pola oferta formativa para axudar aos mozos a elixir os estudos

Te puede interesar