A entrega de premios do hackathon Reto Enseña 2.0, que organiza Oracle España, tivo lugar esta semana na sede da empresa en Madrid. En representación da UDC, participou a alumna da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol Miriam Eimil Chao, que gañou a terceira posición.
“Purple Sector Team” é o nome que elixiu para o seu proxecto a candidata, procedente das Pontes, que estuda o grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática. Esta presentouse ao concurso, cuxa organización realízase en colaboración con NUWE, de xeito individual.
A galardoada, que recibiu unha tarxeta por un importe de 400 euros, estivo acompañada no acto de entrega de premios, que tivo lugar o pasado martes, pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e polo director do Campus Industrial, Marcos Míguez. O equipo “Cachopo Team”, procedente da Universidad Europea de Madrid, obtivo o primeiro premio, que consistiu nunha tarxeta regalo por valor de 1.000 euros e varias sesións de “mentoring” con persoal experimentado da compañía Oracle España.
Entre as candidaturas de orixe ferrolá e madrileña atópase o proxecto “The Nanos Team”, que foi elaborado dende a Universitat Politècnica de Catalunya, e conseguiu facerse co segundo posto. Este clasificado intermedio recibiu outra tarxeta regalo, esta vez por un importe de 600 euros. En calquera dos tres casos que recibiron premio, aos participantes tamén se lles ofreceu a posibilidade de subscribirse a distintos recursos educativos.
Miriam Eimil Chao, ao igual que o resto de estudantes universitarios que optaron a gañar o Reto Enseña 2.0, meteuse de cheo no mundo da Fórmula 1, por medio da Ciencia de Datos, a Aprendizaxe Automática e a Intelixencia Artificial. O obxectivo do traballo, que se desenvolveu entre os meses de maio e xuño, era predicir a mellor carreira do ano, para o que a alumna pontesa tivo que analizar distintos aspectos da competición con Oracle Analytics Cloud.
O evento no que se enmarcou a entrega de galardóns ocupou unha xornada na que tanto o profesorado coma o alumnado premiado das tres Universidades participaron nun networking con profesionais de Oracle España. Asimesmo, os participantes puideron probar o simulador de Fórmula 1 Oracle Redbull.
Esta es la segunda edición del Reto Enseña, por lo que se le añade el sobrenombre de “2.0”. Se trata de un concurso que se realiza en modalidad online y tiene el objetivo de dar visibilidad en el entorno empresarial a los estudiantes universitarios, así como posibilitar la demostración de las habilidades en las nuevas tecnologías. En esta edición, los participantes se adentraron en un desafío Data Science.