Os obradoiros culturais da UDC abren inscricións

Pode matricularse calquera persoa interesada, sexa de dentro ou fóra da comunidade universitaria
Os obradoiros culturais da UDC abren inscricións
O Centro Cultural Universitario acolleu a exposición fotográfica "Hazme Visible", unha disciplina que se impartirá este curso | DANIEL ALEXANDRE

Os interesados en participar nalgunha das tres propostas de formación complementaria que ofrece a Área de Cultura da UDC no Campus Industrial poderán formalizar a súa matrícula até o luns. Nestas clases poderán participar membros tanto de dentro como de fóra da comunidade universitaria.


As disciplinas que se ofrecen son, en primeiro lugar, danza contemporánea, que será impartida por Alicia López Méndez, e fotografía, da que se ocupará Bandia Ribeira Cendán. Así mesmo, ofértase o taller de proposta libre “Lab Textile Ferrol”, que terá como docente a Pilar Marcó Padín. Estes obradoiros impartiranse no Centro Cultural Universitario de Ferrol, para os que será preciso inscribirse de xeito telemático na web oficial da universidade.


No caso dos novos usuarios, estes deberán realizar o proceso de rexistro. Para o público xeral, os solicitantes deberán premer en “persoas externas”, mentres que para os diferentes colectivos da UDC, terán que acceder a “comunidade universitaria”. A organización pon a disposición, en quenda de mañá, o correo electrónico cultura.ferrol@udc.gal e o teléfono 881 013 69 para resolver posibles dúbidas ou incidencias.

Os obradoiros culturais da UDC abren inscricións

Te puede interesar