O ano pasado estreouse a película “Prefiro condenarme”, dirixida por Margarita Ledo e guionizada pola cineasta xunto a Eva Veiga, que vén de ser nominada aos premios Mestre Mateo. A obra rexistra a historia vital dunha mariscadora de Maniños, Sagrario, polo que se rodou en lugares vinculados á biografía da protagonista.
“Seguimos percorrendo salas, festivais, mostras, cineclubes… para desobedecer a norma que invade de tristeza o corazón”, así anunciou o equipo a boa nova por redes sociais. A peza, que conta coa colaboración, entre outras entidades, dos Concellos de Ferrol, Fene e Pontedeume, recupera arquivos en proceso de degradación para poñer o foco na liberdade afectivo-sexual que adoitaban ter as mulleres na época da ditadura, sempre dende unha perspectiva de xénero e clase.
Amais de recurrir á documentación, foi moi importante coñecer á persoa real na que se inspira a personaxe, non so á hora de solicitar o seu permiso senón tamén con vistas a empaparse das súas características e, en especial, a súa forma de expresión. A auténtica Sagrario, muller que chamou a atención da cineasta polo maltrato que sufrira a mans do seu marido, enfrontouse a un xuízo por adulterio en 1972, do que resultou absolta polo tribunal eclesiástico compostelán, o seguinte dato impactante.
“Prefiro condenarme”, producida por Nós Productora Cinematográfica Galega, estreouse en novembro no Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla. A obra contou coa dirección de fotografía de Alberte Branco AEC, a música de Carme Rodríguez, a montaxe de Clara G. Nieto e a documentación de María Soliña Barreiro.