Esta semana espérase que o traslado total do servizo de Radioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol –CHUF– sexa unha realidade na súa totalidade.
O desprazamento aos novos espazos do servizo, no andar -1 do Arquitecto Marcice, está case completo e tamén está a piques de funcionar xa a pleno rendemento.
Agora mesmo estase a traballar nos novos espazos tanto no eido da Radioloxía convencional e as urxencias radiolóxicas como nas ecografías convencionais, de mama, mamografías e cos dous novos TAC –haberá un terceiro pero está destinado ao Hospital Naval–. Funciona tamén unha nova resonancia, que foi un dos primeiros cambios que ese realizou a mediados de abril.
Deste xeito, quedaría só o traslado do telemando dixital e a activación da nova resonancia magnética, de 3 Teslas, que xa está no andar correspondente e na que os profesionais se formarán os vindeiros días.
O traslado realizouse progresivamente. Primerio foi a resonancia, despóis a ecografía convencional, a de mama e o mamógrafo; posteriormente, foi o turno da radioloxía convencional e os TAC –uns aparatos totalmente novos, un deles espectral, que supoñen, tal e como se explicou desde la Área Santiariua, “a máxima rteconoloxía neste eido”–.
Precisamente desde a Área agradeceuse o traballo dos profesionais e tamén a comprensión que tiveron os cidadáns durante este traslado progresivo, xa que tivo unha grande complexidade e magnitude. Para non ocasionar moitos trastornos, procurouse evitar a diminución de probas a realizar.
Durante este tempo, estiveron a funcionar en paralelo os novos e os vellos espazos radiolóxicos.