A Sociedad Artística Ferrolana renova o convenio co Concello

As actividades culturais que realiza a SAF, que abarcan diversas disciplinas, acumulan máis de 50 anos de historia
A Sociedad Artística Ferrolana renova o convenio co Concello
A sede da SAF no Antigo Hospicio foi o emprazamento do encontro | CEDIDA

O Antigo Hospicio acolleu este mércores o acto no que a Sociedad Artística Ferrolana volveu asinar un novo acordo de colaboración coa entidade municipal pola súa contribución á cultura local, ademais de manter unha reunión entre os representantes de ambas partes para a concreción dos detalles.


O presidente da SAF, Ricardo Díaz Casteleiro, foi o encargado da firma pola que a organización, cuxas orixes se remontan a 1970, percibirá unha subvención de 10.000 euros para seguir este ano coa súa achega cultural. José Manuel Rey, alcalde de Ferrol, destacou no acto a pertinencia de “colaborar con entidades que levan moito tempo facendo cultura como a SAF”, co obxectivo de que “sigan saíndo novos proxectos”, xa sexan no campo da pintura ou a literatura, entre outros dos que abarca. 

A Sociedad Artística Ferrolana renova o convenio co Concello

Te puede interesar