Última semana para anotarse nas clases de pandeireta, canto e baile de Artábria

A entidade ofrece tamén dúas actividades de teatro diferentes, das que se ocupará Helga Méndez
Última semana para anotarse nas clases de pandeireta, canto e baile de Artábria
Xurxo Fernandes, que se atopa inmerso no seu proxecto "Levaino!", será o encargado dalgunhas das aulas | CEDIDA

O inicio deste novo curso vén acompañado de propostas de formación cultural como as que achega a Fundaçom Artábria a partir de outubro. Este domingo remata o prazo de inscrición para as aulas de temática musical, mentres que as actividades do grupo de teatro estarán abertas até o día 4 do vindeiro mes.


Xurxo Fernandes e Omare, membros do grupo Pandereteiras Sen Fronteiros, serán os encargados de impartir as leccións de música tradicional. A formación en pandeireta e canto ofrecerase os luns e os mércores, no primeiro caso para nivel avanzado e no segundo para iniciación. Non obstante, os horarios aínda están por concretar, polo que a organización está aberta a escoitar preferencias.


En canto ás aulas de baile, das que se encargará Xurxo Fernandes, desenvolveranse os luns. En todo caso, as prazas son limitadas e hai que apuntarse chamando ou enviando un Whatsapp ao 637 459 594. O drama contará con dúas clases distintas impartidas por Helga Méndez. Por un lado, ofrécese o grupo de teatro comunitario e creación colectiva, e por outro, en “teatro da casa” realizarase un percorrido polo sector galego. O contacto para anotarse é 665 024 469. 

Última semana para anotarse nas clases de pandeireta, canto e baile de Artábria

Te puede interesar