A “Volta a Galicia en 313 concellos” do Mago Antón para en Cariño

O Mago Antón propón un formato no que ofrece a súa maxia nun camión-teatro
A “Volta a Galicia en 313 concellos” do Mago Antón para en Cariño
O Mago Antón fixo unha parada o sábado por Narón, no parque do río Freixeiro | JORGE MEIS

O espectáculo itinerante do Mago Antón chega hoxe ao municipio de Cariño, onde o ilusionista ofrecerá tres funcións totalmente de balde, tanto en horario de mañá como de tarde. A localización do encontro será o lateral da Casa Consistorial, que será o lugar no que se aparque o “magomóbil”, o camión desde o que o protagonista realiza as súas exhibicións.


Á 13.00 horas arrancará a primeira sesión, que terá continuidade con outras dúas actuacións de maxia pola tarde, ás 18.00 e as 19.00 horas. “Volta a Galicia en 313 concellos” é o nome co que o artista identifica estes encontros que propón dende o seu teatro sobre rodas. Trátase dun medio de transporte moi particular, xa que inclúe todo o necesario para realizar os espectáculos, desde o escenario, pasando polas butacas, os recursos técnicos e incluso, aire acondicionado.


Estas funcións diríxense especialmente a un público familiar e desenvólvense entorno a unha docena de xogos de maxia que foron deseñados polo propio ilusionista lucense. “Queremos ofrecer un ocio variado y de calidad a los vecinos y vecinas de Cariño y también generar interés para que nos visiten residentes de los alrededores”, indican desde el equipo de gobierno local.

 

Narón

Antes de chegar a Cariño, o Mago Antón pasou onte por Narón co mesmo espectáculo, “A volta a Galicia en 313 concellos”, que foi organizado polo Padroado da Cultura de Narón, por medio da programación da Rede Cultural da Deputación, e repartiuse en cinco funcións ao longo do día. 

A “Volta a Galicia en 313 concellos” do Mago Antón para en Cariño

Te puede interesar