Volve o taller de manga e ilustración a cargo de María Brenn

As clases terán lugar os mércores en Metrópolis Cómics Ferrol
Volve o taller de manga e ilustración a cargo de María Brenn
A profesional participou en 2018 na Feira do Libro de Ferrol | EMILIO CORTIZAS

O novo curso académico que acaba de comezar tamén chega para o establecemento ferrolán Metrópolis Cómics, que retoma a súa proposta de formación creativa, da man dunha ilustradora profesional.

 

Os mércores, de 19.00 a 20.00 horas, os amantes da ilustración e o manga retoman as súas citas despois do verán. Aínda quedan algunhas prazas dispoñibles para os interesados en instruírse neste curso coa historietista María Brenn, que se formou na EASD Pablo Picasso.

Volve o taller de manga e ilustración a cargo de María Brenn

Te puede interesar