Xornada de Enfermaría Social da Fundación Santo Hospital de Caridad

Xornada de Enfermaría Social da Fundación Santo Hospital de Caridad
As sesións celebranse no Salón de Graos do Campus de Esteiro (AEC)

A Fundación Santo Hospital de Caridad de Ferrol organiza para o vindeiro xoves 18 de abril, de 10.00 a 18.00 horas, unha xornada adicada á enfermaría social. Será no Salón de Grados da Facultade de Humanidades do Campus de Esteiro


A xornada comezará ás 10.00 da mañá coa intervención de apertura de Roberto Brizuela Domínguez, que disertará sobre o coidado a persoas sen fogar con transtornos mentais. Logo dunha pausa ás 11.30, retomarase a actividade cunha mesa redonda a cargo de Melanie Piñón Gómez e Silvia Álvaro Rodríguez sobre a atención de enfermería a persoas en risco de exclusión social e tamén sobre a postura dos enfermeiros na primeira liña de atención a persoas sen fogar, así como sobre a atención da Enfermaría á prostitución e outros colectivos de exclusión social. 


Despois do xantar, pasadas as 16.00 horas da tarde, retomaranse as sesións de man de José M. Pérez Fernández sobre o coidado e as necesidades sociais; seguidamente Tamara Carrasco Fernández abordará a cuestión do seguemento ao paciente sociosanitario  a través da plataforma Tela da Área Sanitaria de Ferrol. A acción culminará contra as 18.00 horas coa intervención dalgunha das autoridades invitadas ao acto. 

Xornada de Enfermaría Social da Fundación Santo Hospital de Caridad

Te puede interesar