A Deputación destina 370.000 euros a autónomos de Ferrolterra

A Deputación destina 370.000 euros a autónomos de Ferrolterra
El presidente de la Diputación, Valentín Fernández

 A Deputación deu a coñecer onte a resolución de concesión definitiva das axudas da liña PEL-Autónomos@s do Plan de Emprego Local (PEL), que sufragará parte dos custos por cotas á Seguridade Social dos traballadores e traballadoras por conta propia que conten cunha antigüidade inferior a cinco anos de alta e que teñan a súa sede social nun concello de menos de 20.000 habitantes.


Nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal afecta a 19 concellos –Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior– con cuantías que va dende os 43.800 que recibirá Cedeira para 19 axudas concedidas ata os 4.800 de A Capela con dúas.


En total concedéronse 161 axudas que suman un importe de 368.800 euros.


O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que ao abeiro deste programa, un total de 1.106 profesionais autónomos recibirán este ano entre 1.200 e 2.400 euros para axudarlles no pago das cotas á Seguridade Social, cun investimento total que supera os 2,3 millóns de euros en toda a provincia.
O presidente incidiu tamén en que as axudas van destinadas aos profesionais que exercen nos concellos de menor tamaño da provincia, co obxectivo de “favorecer o emprego e contribuír á fixación de poboación no rural”, un dos obxectivos estratéxicos do goberno provincial no presente mandato.


Esta liña de axudas a autónomos é unha das que integran o PEL,  que de forma conxunta  ten como finalidade contratar persoal, impulsar o emprendemento, apoiar o crecemento dos pequenos negocios e dos traballadores e traballadoras autónomos. De feito, desde o seu inicio, o PEL permitiu a creación de 7.046 empregos nos sectores público e privado.


Segundo o domicilio fiscal, obsérvase que os municipios de entre 5.001 e 10.000 habitantes son os máis numerosos entre as persoas beneficiarias, con 428 concesións (42,13% do total), seguidos dos municipios de entre 10.000 a 19.999 habitantes, con 264 concesións (25,98% sobre o total).


Entre os datos extraíbles, das 1.016 persoas beneficiarias ás que se lles concede a axuda, 429 son mulleres autónomas. Isto supón o 42,22 % do total.


Por sector de actividade, o terciario é o máis favorecido cun 66,99 % das concesións, especialmente o comercio (10,93%); seguido por unha actividade do sector secundario construción e reformas (10,63 %). No sector primario destaca a actividade agrícola que comprende o 3,35 % das concedidas.


Dos sectores considerados estratéxicos, destacan as persoas autónomas dedicadas ás actividades agrícola, gandeira, forestal e pesqueira, cun 17,91% das concesións, é dicir 182, seguidas das que teñen como actividade o comercio con 12,50% concesións (12,50% das concesións) e, en terceiro lugar, os e as que se dedican ao transporte, con 48 concesións (un 4,72% do total).


Do total de persoas beneficiarias destas axudas, os datos facilitados pola Deputación indican que 631 non conseguiran ata o de agora estas prestacións, o que supón que o 62,11% do total das persoas autónomas é a primeira vez que a recibirán.

A Deputación destina 370.000 euros a autónomos de Ferrolterra

Te puede interesar