Médicos galegos tentan reducir as enfermidades vencelladas a un “mal estilo de vida”

Suxiren que as actividades sociais repercuten de forma “moi positiva” na saúde dos pacientes
Médicos galegos tentan reducir as enfermidades vencelladas a un “mal estilo de vida”
Unha paciente protéxese cun tapabocas | Aec

Un grupo de futuros médicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se están formando na cura termal, participarán esta fin de semana nunhas xornadas centradas na denominada Medicina de Estilo de Vida. Unha cita na que profundarán neste nova corrente cuxo obxectivo é reducir a “elevada prevalencia” de enfermidades crónicas provocadas por un “mal estilo de vida”.


No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia –que conta co apoio de Turismo de Galicia–, o balneario lucense de Guitiriz acollerá o 28 e o 29 de marzo estas xornadas coordinadas polo doutor Antonio Freire Magariños.


Freire Magariños explicou que a Medicina de Estilo de Vida é un novo campo que focaliza a súa atención na persoa considerada como “individuo único”, co obxectivo de axudala a levar unha boa alimentación, a realización de actividade física e a durmir ben.


Neste senso, sinalou que un dos principais propósitos dos centros termais é axudar aos pacientes para levar un estilo de vida saudable, controlando ademais trastornos como o estrés e a ansiedade, ademais, destacou a importancia de ter bos hábitos de comunicación e interacción social.


Con todo, indicaron nunha nota de prensa que as xornadas empezarán este venres ás 16.00 horas, a doutora Magdalena Pereiro, experta en hidrología, abordará o termalismo e a medicina estética. A continuación, os participantes terán unha sesión práctica sobre as diferentes técnicas balnearias. 

 

Na xornada do sábado, o doutor Freire profundará na Medicina de Estilo de Vida e na súa aplicación desde os centros termais. 

Médicos galegos tentan reducir as enfermidades vencelladas a un “mal estilo de vida”

Te puede interesar