A Xunta esixe ao Goberno rectificar o visor que paraliza 77 parques eólicos

Vázquez critica que o TSXG baséase só neste criterio “erróneo” para as suspensións
A Xunta esixe ao Goberno rectificar o visor que paraliza 77 parques eólicos
Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, Ourense | Aec

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, esixiu ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que rectifique o visor que considera “o 100% do territorio” de Galicia como “sensible” á implantación de eólicos, xa que se queixa de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) “aférrase” a esta zonificación ambiental de desenvolvemento de renovables para paralizar 77 parques na comunidade.


En declaracións onte con motivo da súa presenza en Madrid para asistir á conferencia sectorial de Medio Ambiente, a conselleira sinalou que ese visor publicado en 2022 é meramente “orientantivo”, pero supón converter a Galicia en “unha área altamente sensible á implantación de eólicos”.

 

 Así, queixouse de que o TSXG baséase “única e exclusivamente” nesa zonificación para suspender 77 dos 92 parques que neste momento están paralizado polo Alto Tribunal galego, por “un criterio que é erróneo”.

 

 “De seguir así, Galicia non podería avanzar na descarbonización, non podería ter enerxía verde limpa, non podería chegar no 2040 a ter neutralidade climática, é dicir, a ter case que aire puro”, opinou, debido a que “non se podería implantar nin un só” parque eólico.


Vázquez remarcou que en Galicia “xa non está permitido instalar eólicos no 78% do territorio” debido a cuestións como ser Rede Natura ou haber especies protexidas, o que deixa un 22% para a implantación.

 

“Polo tanto, o que queremos é que a zonificación que publique o Ministerio de Transición Ecolóxica na súa páxina sexa a mesma zonificación de Galicia”, apostilou. A continuación, lamentou que, “a pesar de ter as vías favorables e ter os estudos pertinentes”, o TSXG opte por “atrasar” estes proxectos eólicos.


Ademais insistiu en pedir “seguridade xurídica”. “Creo que non hai necesidade de ter un visor que leve a confusión a un tribunal que o seu obxectivo é que non se implante nin un só eólico en Galicia”, aseverou.

 

 “Que pretendemos? Que os visores que teña o Ministerio sexan os que teñen as comunidades”, concluíu. 

A Xunta esixe ao Goberno rectificar o visor que paraliza 77 parques eólicos

Te puede interesar