A Xunta urxe cambios ao Goberno central para evitar a paralización dos eólicos

Galicia é “competente para identificar as áreas máis idóneas” para desenvolver os proxectos, defende Medio Ambiente
A Xunta urxe cambios ao Goberno central para evitar  a paralización dos eólicos
Aeroxeradores ubicados na serra de Larouco, en Ourense | Aec

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, volveu a demandar ao Goberno central cambios en relación á zonificación habilitada para a implantación de proxectos eólicos ao asegurar que a mesma, e que rexeitou, implica a paralización dos mesmos por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).


Ao ser cuestionada na Coruña, con motivo da súa participación na inauguración do Foro Galego da Enerxía, sobre o feito de que tan só unha empresa interesárase no deseño do novo plan eólico galego, manifestou que ao Executivo autonómico “o que lle preocupa máis” é o posicionamento do Goberno central.

 

Retirada da zonificación


Neste senso, sobre a súa reunión co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, lembrou que lle pediron a retirada da zonificación, “que é orientadora pero que para o TSXG está a converterse en algo obrigatorio, baséase nesa cartografía”. 

 

“Parece que van continuar, iso é o máis preocupante”, insistiu a conselleira para incidir, ademais, en que son as autonomías as que teñen “a competencia e responsabilidade de ter a cartografía actualizada”. “A cartografía galega ten que ser a válida”, aseverou Vázquez.


Xa durante a xornada, a titular do departamento autonómico de Medio Ambiente sostivo que o Goberno central “prepara” unha nova zona de zonificación ambiental “vinculante” que, sinalou, “agravará a parálise do sector eólico” en Galicia. 

 

Na súa intervención, defendeu que a comunidade autónoma é “a única administración competente para identificar as áreas máis idóneas ambientalmente do seu territorio para o desarollo de proxectos eólicos, nas que, segundo a directiva de acelaración de renovables e o Pacto verde europeo, débense simplificar os trámites administrativos”, aseverou. 

A Xunta urxe cambios ao Goberno central para evitar a paralización dos eólicos

Te puede interesar