O Bar Queiro e Aló Vai únense mañá nunha noite de rock e solidariedade con Valencia

A recadación realizarase a partir da entrada, que está dispoñible a sete euros, e da barra
O Bar Queiro e Aló Vai únense mañá nunha noite de rock e solidariedade con Valencia
Cartel na fachada do establecemento | DANIEL ALEXANDRE

O Bar Queiro, no concello de Mañón, ten preparado para este mesmo venres, a partir das 23.11 horas, unha noite especial dentro do seu programa musical. Trátase dun concerto solidario protagonizado polo grupo Aló Vai, que achegará as súas melodías rockeiras con tintes de blues, co obxectivo de recadar fondos para axudar aos afectados pola DINA en Valencia.


Despois do exitoso debut que tivo lugar precisamente neste establecemento do Barqueiro hai varios meses, a agrupación volve ao mesmo escenario para colaborar nun evento que doará máis da metade do obtido.
As entradas, dispoñibles ao prezo único de sete euros, pódense adquirir por anticipado ou no local até completar o aforo de 120 persoas, aínda que dende O Bar Queiro avisan de que xa están a voar.

 

Ademais, ofrécese a posibilidade da Fila Cero para quen queira doar sen asistir. Aló Vai doará o 50% das entradas, O Bar Queiro o 20% dos beneficios que obteña da barra e tamén haberá un bote durante o concerto para as persoas que se animen a aportar algo máis. 

O Bar Queiro e Aló Vai únense mañá nunha noite de rock e solidariedade con Valencia

Te puede interesar