O centro sociocomunitario O Barqueiro será o escenario esta tarde de sábado, ás 18.00, do espectáculo “Ramona Órbita. Cores, contos e rock”, que virá da man de Pakolas e Laura Romero.
Tal como advirte o seu título, esta primeira cita, que achega o programa DinamizART-j, abarcará músicas, historias e debuxo. Este mesmo domingo, á mesma hora, será o turno de “Unha festa de Nadal na Fraga”, a cargo de Teatro Calavera, no local social de Luz de Ribeiras do Sor. Ambos teñen entrada libre e gratuíta.