O Centro de Interpretación de Caldoval, en Mugardos, propón outro obradoiro especial para estas datas, “Mascarada romana”, o domingo ás 11.30 e tamén ás 17.30 horas. Esta iniciativa, dirixida ao público familiar con nenos e nenas, pero tamén adultos, servirá para conmemorar o Entroido ao mesmo tempo que se aprende historia.
As persoas participantes poderán deseñar e decorar as súas propias máscaras de teatro romanas, achegándose a esta cultura clásica. Os interesados deberán inscribirse previamente nas redes sociais do centro de Caldoval, no correo electrónico info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 072 116, en horario de apertura.