Críticas de Narón á Xunta pola suba do convenio polo transporte metropolitano

Críticas de Narón á Xunta pola suba do convenio polo transporte metropolitano
Un autobus transitando pola estrada de Castela I D.A.

O Concello de Narón –por medio da edila responsable da área de Transportes, Mar Gómez– denunciou onte o “grande incremento” que a Xunta aplica ao Consistorio para facer fronte ao servizo de transporte metropolitano. “A estas alturas do ano, reclaman 50.000 euros máis que no anterior exercicio, pasando a pagar, no noso caso, 97.000 euros das arcas municipais”, remarcou a concelleira.


Neste sentido, incidiu en que “a Xunta non pode seguir abusando dos concellos, vendendo unha gratuidade e unhas bonificacións nuns servizos, como neste caso o do transporte metropolitano, que sufragan en realidade afogando aínda máis ás administracións locais e facendo que ao final sexan os mesmos usuarios e usuarias os que paguen a través das arcas municipais”.


Gómez apuntou, ademais, a que isto é “un exemplo máis da mala xestión que fai a Xunta” e que afecta aos veciños e veciñas da localidade, “que tamén teñen pagar a través do concello a xestión das escolas infantís municipais que noutros concellos abonan e, por se fose pouco, ver como ano tras ano os orzamentos da Xunta deixan sen investimentos a Narón”.


A edila engadiu que o goberno galego debe velar polo cumprimento dos contratos do servizo de transporte, “para que as 39 familias afectadas, traballadores de Tranvías de Ferrol subrogados por Alsa, poidan cobrar o que marca o convenio provincial do sector e acabar así cunha folgainiciada o pasado mes de xullo e deixar de mirar cara a outro lado”.


Mar Gómez calificou de “abuso e discriminación” a actuación da Xunta, “algo ao que teñen moi acostumados aos naroneses, que saben perfectamento que o compromiso da Xunta do PP coa cidade é nulo”, engadindo que “só miran para as cidades nas que gobernan, e temos exemplos moi preto, como Ferrol, onde irán parar 110 millóns de euros fronte aos 0 de Narón”, denunciou. 

Críticas de Narón á Xunta pola suba do convenio polo transporte metropolitano

Te puede interesar