Unha aula de clown pon fin aos complementos do Festival Singular de Narón que abren frontes profesionais

As funcións continúan esta tarde de domingo para o público familiar
Unha aula de clown pon fin aos complementos do Festival Singular de Narón que abren frontes profesionais
Unha das reunións na rolda de negocios do sábado no Pazo | JORGE MEIS

A terceira actividade paralela do Festival Internacional do Monólogo Singular congregou onte no Pazo da Cultura de Narón a 17 compañías de artes escénicas galegas. Estas puideron ofertar os seus traballos a programadores estatais, coma os procedentes de Gran Canaria e Euskadi, e internacionais, como os de Arxentina, Chicago, Colombia, Costa Rica e República Dominicana, entre outros.


Tal como lembrou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, o ano pasado foron catro as compañías galegas que realizaron xiras, a partir do mesmo encontro que tivo lugar onte, por Uruguay, Costa Rica e Nicaragua.


Esta cita, “Encontro con programadores nacionais e internacionais e compañías de teatro galego”, dá paso hoxe domingo, ás 10.00 horas no Café Teatro do Pazo, á asamblea da Rede Eurolatinoamericana de Artes Escénicas –Redelae–. Para rematar este apartado do programa, a actriz, docente e directora teatral arxentina Julieta Daga impartirá un seminario de clown, do martes ao xoves, de 18.00 a 21.00, no auditorio municipal.

 

Funcións

A seguinte actuación do Festival Singular, “Contos para entender(nos) mellor”, de Cris de Caldas, terá lugar esta tarde, ás 18.00 horas no Café Teatro, dirixida ao público familiar.


A compañía arxentina Rey Marciali Producciones traerá de volta os adultos ao Pazo, o venres ás 20.00, coa estrea de “La Celestina”. E o sábado, á mesma hora, Atenea García presentará o espectáculo de narración oral “Vicio houbo sempre”.


Volvendo aos espectadores máis miúdos, o próximo domingo ás 18.00 no Café Teatro, A Xanela do Maxín pechará esta décima edición con “Lúa quere viaxar a... Marte!”. 

Unha aula de clown pon fin aos complementos do Festival Singular de Narón que abren frontes profesionais

Te puede interesar