Ai, a historia!

Debéramos escribir historia con h minúscula. Simplemente, porque non é máis que a versión de quen –nese momento– ten a hexemonía na sociedade. E a española é un exemplo coa guerra civil. Para os homes dos grandes negocios que puxeron a Napoleón, ao final da revolución francesa, o máis odiado era Robespierre, devoto da guillotina. Como tamén odiaban a democracia, decidiron chamarse “liberais”. Co emperador restableceron a escravitude nas súas colonias. Castigaron ás mulleres sacándoas da vida pública porque elas organizaron os coidados, as escolas e as cousas do comer dando soporte material e empuxe á revolución. Así mesmo, restrinxiron o dereito de voto aos varóns con recursos e patrimonio. As revolucións rusa e a francesa teñen en común que foron traizoadas e combatidas, desde dentro e desde fóra. Incluso a Segunda Guerra Mundial ten as súas intrahistorias como, por exemplo, o “tardío” desembarco de Normandía. Os franceses non saben ben que deben celebrar, ante un exército anglo-norteamericano que se comportou como un ocupante, onde as mulleres francesas eran un botín. Tampouco esquezan que o tío de Isabel II foi deposto como rei inglés pola súa querenza polos nazis. En fin, a historia.

Ai, a historia!

Te puede interesar