Un ano para esquecer

on foi un bo ano este que estamos a rematar. Como dirían na miña vila de Guitiriz cando eu era un neno, vaia o demo nel. Benvido sexa o 2022, todos coa esperanza posta no remate das eivas que nos aflixen dende hai tanto tempo.

Salvo sorpresas, semella que o volcán Cerro Vello, na illa da Palma no arquipélago das Baleares, outrora chamada illa bonita, estase a extinguir definitivamente despois de ter arrasadas máis de 1200 hectáreas da súa superficie. Toca agora superar os estragos causados en facendas e vidas que, son moi numerosos. Para elo contarán os palmeiros coa solidariedade de todo o país e mesmo dos estranxeiros. Todos xuntos coa súas axudas contribuirán, sen dúbida, a unha rápida mellora de vidas e facendas.

Outra eiva, moito máis grave, é a maldición do Covid-19 que, non so non cesa senón que vai en aumento dia a dia. Non é a miña intención pecar de agoireiro, pero de momento, non lle vexo o final. A este paso acabaremos contaxiados todos, en todo o mundo. Dunha cousa estou seguro, a miña xeración está condenada de por vida a levar, dentro e fóra de portas, esa molesta e discutida, máscara imposta polas autoridades sanitarias. Non estou de acordo cos chamados negacionistas, ¿como explicar entón o cada dia máis elevado número de contaxios?. Non nos queda outra que cumprir as directrices da Organización Mundial da Saúde (OMS), ata que xurda outra solución mellor que, así o quero pensar, non está lonxe. Para elo están a traballar médicos e científicos en todo o mundo con tódolos medios ao seu alcance. É tempo de axuntar esforzos. Os políticos en xeral, os de aquí e os de acolá, que esquezan ás súas deferencias e que apunten todos a unha meta común que é, nestes intres, a superación do Coronavirus. So deste xeito poderemos manter a esperanza de que este 2022 que xa está a punto de chegar, sexa o final da pandemia.

A todos vos desexo moi Felices Festas e un próspero aninovo. Cuidádevos moito, a nivel persoal e colectivo, que é o único xeito de coidarnos todos. Estamos obrigados a elo polo futuro dos nosos fillos e netos.


Un ano para esquecer

Te puede interesar