Borges, Torrente e máis

O primeiro que teño que agradecer é que me lean. Dicirlles que cando falei de Borges non pretendía facer ningunha traza ideolóxica do autor de “El Aleph”. Limitábame a contar o que me atrae del desde o punto de vista literario e, a raíz de varias conversas, que se suscitaron daquela, dicir que son dos que pensa que as obras –en calquera faceta humana– quedan disociadas da propia personalidade de cada autor. Falar dun creador ou creadora tampouco implica simpatizar con esta ou aquela ideoloxía, nin xustificar nada.


Debemos queimar a “Divina Comedia” porque Dante era un integrista relixioso? “A democracia en América” pola posición de Tocqueville sobre a escravitude ou polo seu desprezo coa clase traballadora? Debemos culpar a Torrente Ballester por buscar protección ante a represión fascista, ou é moito máis importante a súa obra e a defensa que del fixeron persoas como Carvalho Calero, Álvaro Cunqueiro e Carlos Casares? 


Permítanme contarlles que hai pouco puiden recuperar a miña colección das catorce obras de Torrente Ballester. Agora están a carón da súa “Antología de José Antonio” (1940) e de “Gonzalo Torrente Ballester: biografía de un ferrolano”, de quen foi profesor meu, José Antonio Ponte Far.

Borges, Torrente e máis

Te puede interesar