Contar contos

A Biblioteca Municipal de Valdoviño ten mirada, directa e afectuosa, sobre o faro de Meirás e a ese inmenso mar que baña as praias. É un lugar que fai cultura a carón da auga salgada e as olas que surfean os soños e a luz do Sol. Comprenderán que é unha casa incomparable para o Foro Galego Literario, que está conducido polo mestre de poetas e narradores Antón Cortizas.


Estes días atrás tivemos a fortuna de poder falar dunha das obras deste último: “Tenrura”, editada por Galaxia. Que como di o seu autor, é un libro que tamén poden ler os máis pequenos. 


Porque se unha cousa quédanos claro, é que a etiqueta de “literatura infantil” non pode ser unha barreira para que todos nos acheguemos a ela. Neste xénero está a estrutura básica e os instrumentos necesarios para poder desenvolver unha grande literatura de calidade. Son unha magnífica ponte inicial ás outras narrativas.


Persoalmente, este encontro literario foi quen de permitirme lembrar aqueles relatos de antes de durmir –que hai moitos anos– eu contáballes ás miñas fillas. E pódolles asegurar que non hai público máis esixente que unhas nenas pequenas. Para min foi unha oportunidade para sentarme e pasar á escrita un de aqueles contos.

Contar contos

Te puede interesar