Un mes de guerra

Apiques de cumprirse un mes dende o comenzo da guerra, Ucrania resiste os ataques desapiadados do exercito de Putin. Con miles de mortos, as súas principais cidades, Kiev, Járkov e Mariúpol arrasadas e sitiadas, e millóns de desprazados, os ucranianos seguen facendo fronte aos ataques rusos en inferioridade de condicións, tanto en homes como en armamento. Vaia dende estas liñas a miña homenaxe de admiración e de respecto a eses 47M de habitantes, verdadeiros heroes nesta, tan inxusta como cruel guerra.

Seguindo coa crónica desta desfeita, aquí vos presento as principais novidades da semana:

- Zelenski, moi aplaudido no congreso dos EEUU, manifesta a súa intención de non renderse nunca, falando de xenocidio e acusando a Putin de criminal de guerra.

- China a velas vir, declara dende a moderación, nunha xuntanza co seu homologo americano, que esta guerra non beneficia a ninguén e que non está pola labor de axudar a Rusia. A pesar diso, son ben coñecidas as excelentes relacións económicas e comerciais entre os dous países o que fai pensar que, en caso de agravación do conflito, intervirá en apoio de Putin co seu papel primordial e determinante.

- Joe Biden, o presidente americano, ameaza nesta mesma xuntanza a Xi Ping con represalias no caso en que se demostren as axudas. El que está subministrando homes e armamento a Ucrania.

Fálase de avances a prol da paz con un plan de neutralidade de 15 puntos a discutir entre Zelenski e Putin nunha xuntanza organizada por Turquía. O mandatario ucraniano negase a admitir ultimatos por parte do ruso e este continua atacando zonas residenciais, desta volta un teatro cheo de xente e unha residencia de anciáns anunciando ao mesmo tempo o final da hexemonía de occidente.

-Traballen tódolos países unidos a prol da paz en Ucrania e por riba da eliminación da ameaza nuclear, nunca tan presente como nestes tempos, dende a crise dos mísiles cubanos en 1962. A consigna ten que ser a desaparición total dos arsenais nucleares en todo o mundo. Non hai outra solución se se quere evitar a terceira guerra mundial.

A risco de parecer catastrófista, teño que dicir que Rusia, por poñer un exemplo, dispón hoxe en dia dun potencial nuclear co que cunha soa bomba pode borrar do mapa cidades como Madrid en poucos minutos. (Arrepía so con pensalo).

Esas teorías do ditador tolo e da disuasión atómica son perigosas andrómenas que non convencen a ninguén.

O que si está claro é que está en xogo a supervivencia de todos, os de aquí e os de acolá.


Un mes de guerra

Te puede interesar