Poder e democracia

Semella que os dirixentes dos partidos políticos están sempre pensando nas seguintes eleccións, no canto de pensar na herdade que se debe e se pode deixar ás vindeiras xeracións.


Para aqueles, a Democracia e as Eleccións, calquera tipo delas, teñen un interese vital: unhas para acadar o PODER directamente e outras para situar aos seus “pións” en postos importantes nos diferentes Parlamentos, Diputacións, Concellos e calquera outra institución que podan aportar os apoios necesarios para acadar o obxectivo máximo que non é outro que a conquista do Poder.


E unha vez acadado ese fin principal, a historia repítese para manterse no cumio,tantas veces como sexa posible, mediante unhas novas eleccións.


E mentres, o pobo segue agardando un cambio de ciclo que poucas veces vaise producir, pois para iso precísanse  dirixentes de grande categoría política, que malfadadamente non abonda por estes lares. Xa dixo alguén que políticos hai moitos, pero estadistas moi poucos.


Mágoa.   

Poder e democracia

Te puede interesar