A primavera nos libros

ada quen é como é, saiban que asocio o bo tempo e a primavera –e iso que a previsión meteorolóxica é outra– ás feiras do libro, e na nosa cidade, esta semana teremos a primeira delas, para despois ir pasando polo conxunto de Galicia. Así que, de algún xeito, a primavera comeza en Ferrol.


O avance do programa deste ano da Feira de Ferrol permite saber que por aí van pasar amigos como Miguel Castro (La Cuadrilla de las olas rotas), Antón Cortizas (Palabras como moscas), así como Llerena Perozo (Os anos tranquilos) e Ana Varela (Runrún). Estas últimas dúas amosan a importancia da literatura galega feita por mulleres nestes anos, máis se o comparamos coa etapa da Transición e as primeiras décadas da Autonomía.


Unha das persoas que foi abrindo camiño para toda esta xeira de creadoras literarias, María Xosé Porteiro, estivo recentemente no Ateneo Ferrolán, presentando “As benfaladas”. Moitos apuntes fixo. En especial sobre Cuba, Concepción Arenal e a asociación “Hijas de Galicia”, a emigración das galegas prostituídas, e a participación da loita feminista contra a escravitude.


Si, a primavera está nos libros. Fáganme caso: pasen esta fin de semana polo Cantón, que hai Feira do Libro en Ferrol

A primavera nos libros

Te puede interesar