Rapaces e rapazas do IES Canido visitan Diario de Ferrol

O grupo de Lingua Galega quixo saber como funciona un xornal
Rapaces e rapazas do IES Canido visitan Diario de Ferrol
O grupo de alumnos e alumnas diante das instalación do Diario de Ferrol I Jorge Meis

Un grupo de dezaoito alumnos e alumnas de 2º da ESO do IES Canido visitaron esta mañá a redacción de Diario de Ferrol no seu último día de colexio. Esta actividade fíxose na materia de Lingua Galega coa profesora Bertila Rodríguez.

 

O alumnado tiña como alternativa ir de excursión ao parque acuático de Cerceda, pero na votación saíu maioritariamente visitar as instalacións do Diario de Ferrol, da man do seu director, Miguel Pampín.

 

Somos os propios alumnos e alumnas os que estamos redactando esta noticia.

Rapaces e rapazas do IES Canido visitan Diario de Ferrol

Te puede interesar