Agro e sostenibilidade foron da man na décimo quinta edición da Feira Rural de San Sadurniño

Agro e sostenibilidade foron da man na décimo quinta edición da Feira Rural de San Sadurniño
Exposición de lotes de froita autóctona I Emilio Cortizas

A leira da Cortiña volveu ser onte un lugar de encontro e confraternidade para todos aqueles amantes do agro e da sostenibilidade, que defenden e valoran o potencial produtivo e económico do rural da comarca. 
A décimo quinta edición da Feira Rural de San Sadurniño acolleu durante toda a xornada a múltiples persoas que se achegaron a desfrutar dos máis de 70 postos instalados nos que se ofrecían e expoñían produtos agroalimentarios, de artesanía ou de segunda man. Tamén de viveiros de pranta e horta ou maquinaria.


Todo isto mesturado ademais con outras actividades deseñadas para a ocasión e pensadas para tódalas idades, tales como obradoiros de creación e igualdade, descensos en kaiak polo Xuvia e ambientación musical tradicional pola mañá e pola tarde, a cargo de Oli Xiraldez e Gustavo Couto, ademais de os Campantes da Baña. Moitos foron os que decidiron tamén xantar nas inmediacións, nun ambiente familiar e distendido.

 

Feira Rural San Sadurniño 2024 Emilio Cortizas2
 Emilio Cortizas


A exposición e concurso de lotes de froita autóctona –organizado polo Concello en colaboración con AGFA do Eume– é un dos clásicos da feira desde a súa creación no 2009, con premio para os tres mellores, que se sortearon entre o público ao remate da xornada. 

 

Ganadores concurso froita Feira Rural San Sadurniño
 


Tamén se realizaron dúas visitas guiadas á horta de froiteiras Carlos Fornos –a carón de onde se celebra o encontro– e ao colmenar didáctico, conducidas neste caso pola Casa do Mel.


Ademais, os presentes puideron degustar e adquirir nun dos postos instalados produtos elaborados no Centro de Transformación Agroalimentaria e Apoio ao Medio Rural A Fusquenlla.


Outra das propostas máis chamativas desta feira foi a XXVIII edición do Monográfico da Raza de Can de Palleiro, unha proba puntuable para os trofeos  Promesa e Mellor Can de Palleiro de Galicia 2024.  

 

Feira Rural San Sadurniño 2024 Emilio Cortizas4
 Emilio Cortizas

Agro e sostenibilidade foron da man na décimo quinta edición da Feira Rural de San Sadurniño

Te puede interesar