O coro Diapasón organiza un taller de música coral co director vasco Javier Busto

O coro Diapasón organiza un taller de música coral co director vasco Javier Busto
Centro Cívico de Caranza Semana da Música de Caranza co Coro Diapasón

Sensibles á tradición e gusto pola música coral existente en Ferrol, o coro Diapasón/Asociación Musical Sons do Día, organiza un taller de música coral dirixido polo reputado director vasco Javier Busto. O obxectivo principal do proxecto cuxo título e “I Taller de música coral con Javier Busto”, vai dirixido segundo os organizadores, “cara a preparación do traballo individual e sobre todo común de cinco ou seis pezas compostas polo director convidado, para a súa posta en escena final. Entre elas, dous temas alomenos serán en língua galega e un deles estrearase neste taller”.
O programa será coordinado polo Coro Diapasón e dirixido por Javier Busto Sagrado, experimentado compositor, director de coros e unha das actuais figuras de carácter internacional, axudado na fase previa por Juan Brage, director do Coro Diapasón. 

participación aberta
A participación no curso está aberta ás persoas interesadas, que pertenzan ás distintas agrupacións musicais locais “se ben –anuncian–, tentarase conseguir un equilibrio de participantes nas distintas cordas. Aínda así, procurarase non deixar fóra a ninguén que o solicite, ben sexa coma participante activo (cantar en ensaios e concerto final) ou pasivo (oínte espectador directo en ensaios)”.
As persoas interesadas deberán inscribirse na dirección de correo: diapasonferrol@gmail.com, enviando unha nota cos seus datos persoais e de contacto, ademais da corda e agrupación a que pertencen antes do 30 de agosto. Posteriormente a organización poráse en contacto con eles para informar do programa, abono da cota, data, hora e lugar de presentación.

a actividade
Unha vez confirmados os participantes, os sábados 5, 19 e 26 de setembro comenzarán os ensaios no Centro Cívico de Caranza en xornadas de mañá e tarde, baixo a dirección deJuan Brage. O traballo directo co responsable principal, Javier Busto, prolongarase durante o venres 2 de outubro pola tarde, o sábado 3 mañá e tarde, e o domingo 4 pola mañá,  día que terá lugar o Concerto público final,  en lugar e hora a desinar.
A cota de inscrición para os participantes activos é de 25 euros, e para os participantes pasivos será de 15.

O coro Diapasón organiza un taller de música coral co director vasco Javier Busto

Te puede interesar