A X Xornada Moteira Solidaria e o festival Rock Narón son dúas das propostas enmarcadas no programa do Nadal naronés que terán lugar mañá sábado. A primeira delas, coorganizada polo Concello e o Moto Club Fojeteiros, terá lugar a partir das 16.30 horas. Agárdase a participación duns douscentos moteiros de Narón e doutros municipios.
A ruta partirá ás 16.30 horas da Praza de Galicia para realizar un percorrido cara á zona de Santa Icía, A Gándara e regresar á Praza de Galicia, donde chegarán con Papá Noel, que recibirá aos nenos e nenas baixo a carpa alí instalada. Os moteiros que acudan con vestimentas propias do Nadal recibirán unha consumición de balde e por cada kilo de alimentos ou xoguetes que entreguen os asistentes para doar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón tamén se poderá degustar de balde un chocolate. Tamén se recollerán no mesmo lugar tapóns de plástico para a causa “Alba, la promesa”. Haberá ademais un inchable para os menores e un circuito de karts do equipo de Educación Viaria do Concello.
Rock
Tamén o sábado, a partir das 21.00 horas na Praza de Galicia, dará comezo a terceira edición de Rock Narón. Desta volta contarase coas actuacións da banda de heavy metal e hard rock Barón Rojo, o grupo Sintrom ni Son, On Fire, The Nineties Rock The Machine e u DJ. Esta propostas sumaranse a outras previstas así mesmo para a xornada de mañá no municipio.