Reanúdase o “Café con libros” na cafetería Venus

A biblioteca das Pontes achégase ós veciños nos lugares de encontro e retoma hoxe unha nova edición de “Café con libros”. A partir das 11.30 horas, na cafetería Venus, haberá un encontro para aproximar as novidadades literarias a tódolos que pasen polo establemento. A bibliotecaria Anabel Alonso amosará as últimas apostas literarias das grandes editoriais pero tamén textos adicados á natureza, a historia, o mundo infantil ou as viaxes, xunto con fondos audiovisuais que tamén forman parte da colección do centro cultural.
Este programa divulgativo comeza así a tempada, coa intención de que os libros estean no día a día dos veciños e de que coñezan as instalacións da biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco. Nas presentacións inclúese un folleto informativo precisamente para dar a coñecer tanto as novidades como todo o material do que se dispón no centro e que viaxa periodicamente ás mesas dos cafés.

Reanúdase o “Café con libros” na cafetería Venus

Te puede interesar