o Nunca Máis do Prestige ao Blue Star destes días van máis de 17 anos e nos cantís de Ares están varadas as medidas demandadas daquela. E corenta anos da “reconversión naval encallada no fracaso do Comité Ferrol Futuro (1986), Mesa para estudar a rexeneración de Ferrol ( 1987), ZID, Plan Ferrol...”.
A esixencia de solucións ven de moi lonxe. E a pegada do nacionalismo sindical e político aboia en moitas delas. Eís a presentada polo deputado Pepe Díaz o 26 de abril de 2005 no Parlamento galego (aprobada por unanimidade) na que se instaba “á Xunta de Galiza a levar a cabo as negociacións necesarias co goberno central orientadas a impulsar e promover conxuntamente a reindustrialización e diversificación das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal”.
As mobilizacións destes dias reflicten a nula xestión, durante decenas de anos, dos gobernos de Compostela e o escaso peso político en Madrid.
De lonxe. De moi lonxe...