Plenitude

Seica levantou unha pequena tormenta a queixa do líder podemita, sobre a falta de plenitude da Democracia española, pois dixo que, neste país non hai unha “Democracia plena”. Seguramente os que se alporizaron terán as súas razóns, mais eu coido que hai algo de verdade na denuncia do señor Iglesias, se temos en conta que hai moitos artigos e dereitos constitucionais sen cumprir e unha lei electoral inxusta e anticuada. Nembargante, non parece que o crítico protagonista sexa o máis indicado para tal censura, pois se é verdade que a Democracia - como a Caridade - ben entendida comeza por un mesmo, non parece que el sexa un verdadeiro demócrata, tendo en conta o seu xeito de facer prevalecer as súas ideas, sen respectar as dos demais. Por outra banda, sería interesante que fixese unha comparación con outros estados do mundo, para que se saiba cantos son máis demócratas que España, que non haberá moitos, malia que teñan longos anos de vantaxe nese tema. Aínda que iso non serve de desculpa, desde logo, pero...

Plenitude

Te puede interesar