Nacionalidades históricas

Teño escoitado que en España hai tres nacionalidades históricas: Cataluña, Euzkadi e Galicia, mais nunca escoite as razóns que xustificaran a definición de Cataluña e EuzKadi como “nacionalidades”, o que non quer dicir que non has haxa, senón que eu non has coñezo. Estas tres nacionalidades foron, coido eu, o pretexto que se utilizou para o invento das Comunidades autónomas, para non diferenciar ás tres primeiras. É dicir, “café para todos” e así todos contentos.


Mais mira por onde, está próximo a aparecer outra nova “nacionalidade histórica”, froito da loita que a Comunidade de Madrid sostén co Goberno Central, que comeza por esixir liberdade para os madrileños e que podería rematar pedindo a independencia. Isto parece unha tolería miña, pero coido que na Capital do Estado haberá suficiente xente pertencente á burguesía que apoiase a idea. Lembremos que as peticións de independencia están case sempre apoiadas polas burguesías correspondentes, e xa que logo, no mesmo momento en que haxa un mínimo asomo de independencia para alguén, Madrid sairía “do armario”. Se cadra é unha esaxeración miña, pero a señora Ayuso ten empuxe para iso e máis. E non está soa. Digo eu, claro.

Nacionalidades históricas

Te puede interesar