Vacinas

Vacinarse ou non vacinarse, como podería dicir o nachiño aquel da caveira, non debería ser a cuestión. El falou en inglés, porque non sabía falar o galego, mais se soubera, posiblemente chegaría á conclusión de que o debate neste asunto do Covid non sería o de “ser ou non ser”, senón o de como, cando, onde e por que habería que inmunizarse. Paréceme de tolos negar a existencia deste virus ou dos moito virus que hai e, os que faltan por aparecer, pois ata a nosa Rosalía profetizou que habería máis: “... deixar que pasen as correntes apestadas, que outras virán”, aínda que, seguramente, ela non se refería só a esta clase de “pestes”, pois hai outras...


Xa que logo, os científicos e as autoridades sanitarias deberían ir traballando xa na posibilidade dunha vacina polivalente, para combater calquera outro tipo de “bichiños” que puideran estar axexando. Por outra banda, non vexo correcto obrigar a todo o mundo a pasar polos “pinchazos”, senón que habería que tentar convencelos da necesidade de preservar a súa propia saúde e a dos demais. Claro que con algúns testáns seguramente non habería xeito e, se queren ir vivir no cumio dun monte, non se lles pode prohibir. Lembro que certas confesións relixiosas non admitían as transfusión de sangue. Cada tolo coa súa teima, digo eu, con todo respecto...

Vacinas

Te puede interesar