O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor ven de participar no sorteo ante notario de tres vivendas de promoción pública no concello das Pontes. As familias seleccionadas foron escollidas dunha lista de persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.
As propiedades obxecto de sorteo están ubicadas na rúa Sergio Rivera Chao e contan con superficies que van desde os 43 metros cadrados aos 45, pequenas dimensións pero ben equipadas pois todas contan con garaxe e rocho, tal e como informan desde a delegación do goberno autonómico na provincia da Coruña. Estes inmobles van destinados a colectivos maiores de 60 ou menos de 35 anos. Agora, unha vez publicado o listado provisional, aqueles solicitantes que o consideren teñen un prazo de dez días naturais para presentar alegacións.
Os adxudicatarios das tres vivendas poderán optar á propiedade en réxime de arrendamento cunha vixencia de sete años, prorrogables por períodos anuais.
O delegado autonómico Gonzalo Trenor destacou que a Xunta de Galicia “aposta unha vez máis por facilitar o acceso a vivendas aos colectivos con maiores dificultades”.