A terceira dose

todos sabemos a que nivel se atopan hoxe nas empresas as chamadas bases de datos, nas que estamos todos fichados: saben o número de zapato que calzamos, cales son as nosas afeccións, e todo o que imaxinemos.

O Sergas dispón de toda a información necesaria para saber quen está vacinado e quen non. Aceptando esta aseveración ¿ non sería mellor dar coas persoas que non puxeron a vacina e emprazalas para que a poñan, e non sacar da chistera unha terceira doses para os que cumprimos coa encomenda de recibila correctamente?

Para facérmonos unha idea: en España queda aproximadamente un 20% de candidatos á vacina que aínda non a recibiron, en Francia un 32%, en Alemaña un 33% o mesmo que en Italia. Un 24% de europeos segue sen vacinarse. Sonche moita xente, abofé. Eses potenciais portadores do virus, eses que o transportan dun lugar a outro, tiñan que seren o obxectivo das autoridades sanitarias denantes de administrar unha doses máis aos que cremos un deber cívico e moral vacinármonos coas recomendadas malia ter o convencemento de non estaren testadas no tempo necesario. Pero había que facelo: a urxencia así o requiría.

Un pode asumir unha doses de recordo a un ano vista, por exemplo, pero aos dous meses paréceme cando menos raro, habendo aínda aquí vinte de cada cen que non recibiron nin a primeira. Isto pódenos levarnos a crer que as autoridades sanitarias sospeitan que os que temos as dúas doses de vacinas postas non estamos protexidos suficientemente, e quérenos dar unha máis de propina denantes de vacinar aos que non teñen ningunha. Deberan explicalo ben para non levantar suspicacias,

Por outra banda, o outro día, cando xogou a selección española de fútbol no campo de “ La Cartuja” de Sevilla din que presenciaron o encontro en directo unhas 56.000 persoas, moitas sen máscara e cóbado con cóbado nas gradas. Facendo un cálculo a groso modo de todos eses espectadores máis de mil estarían sen vacinar, pero alí podían estaren sen control de ningún tipo. Isto sucede tamén noutros sitios.

Non ten sentido que nun avión vaiamos como sardiñas en lata, e para entrar nun centro administrativo esteamos facendo cola á intemperie chova ou non chova, e unha vez dentro gardar a distancia interpersoal establecida. Soa abertamente a tomadura de pelo.

Eu recomendaría aos que non estean vacinados que se vacinen, e aos emprazados a recibir unha terceira doses, que fagan o que queiran, que seguro acertarán. Si.


A terceira dose

Te puede interesar